Os nen@s de Educación Infantil estamos aprendendo moitas cousas con "Ellie" e "Cookie" en Inglés.Coa teacher Paulaescoitamos cancións moi divertidas, contos,e tamén facemos moitos xogos.
O 26 de Marzo os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixemos unha saída a Caixanova. Gozamos co espectáculo de "Escenas Musicais" e escoitamos como cos distintos instrumentos pódense reproducir todos os sons da vida na cidade e no campo. Foi curtiño e soubo a pouco.
Este ano pensamos que facer poesía é como pintar con letras,e imos "pintar poemas" de autores galegos e participar nun concurso de ilustración de poesías.
Este curso o cole ten como tema a pintura,polo que en 3 anos estamos a traballar un proxecto sobre "Miró".
Con este proxecto pretendemos achegar aos nenos e nenas á vida e obra deste xenio que foi pintor,ceramista,debuxante,gravador e escultor.Inventa unha linguaxe de signos e enche os seus cadros de manchas,símbolos e cores de tons intensos que recorda á espontaneidade e á naturalidade dos nenos e nenas.
Facemos diversas actividades que permiten desenrolar a creatividade e a imaxinación......
Educación Infantil participou nunha experiencia moi bonita e contamos coa visita dunha ceramista que nos axudou a traballar no barro.Fixemos páxaros,volvoretas e casiñas.
Este é o novo espazo de Educación Infantil no que queremos reflexar a dinámica de traballo nas nosas aulas. Escomenzamos a nosa andaina con moita ilusión e entusiasmo.
As nenas,nenos e as mestras de Infantil do Ceip"Seis do Nadal" (Vigo)damos a benvida neste novo espacio.Nel contaremos cousiñas que facemos e aprendemos no noso cole así como experiencias e aventuriñas que viviremos.¡Benvid@s!
MAIO -Maio longo, San Xoán redondo.
-En maio, ainda a vella queima o tallo. -Quen en maio non merenda, ós mortos se encomenda.
-Vai ver se a túa viña reluz, o día de Santa Cruz (3 de maio).
-De Corpus á Ascensión, tres semanas son.
-Cando en maio hai lama, ainda algo se gaña.
-En maio, o garbanzal, nin nado nin por sementar.Se marzo maiea e maio marcea, pobre dos que viven na aldea. -Ata o corenta de maio non quites o saio.
-Polo San Isidro, sementa o teu millo. -Nin maio sen trebóns, nin home sen calzóns. -A ovella do pobre, no maio morre.
-Are quen arou que xa maio entrou.
-Auga en maio carga o carro.
-Auga en maio, pan para todo o ano.
-Días de maio tan longos sodes, que morro de fame e morro de amores.
-En maio calquera besta é cabalo.
-En maio millo sementado, cal enxoito, cal mollado.
-En maio o millo raro na lareira e basto na eirá.
-Maio atreboado, ano temperado.
-Maio chuvioso, verán caluroso.
-Maio frío, moito trigo.
-Maio venturoso, ano fermoso.
-O que en maio se molla, en maio se enxoita.
-O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio.
-Pola Santa Cruz de maio o lobo e o corvo nados, e o raposo medio criado.
-Se non houbera maio, non habería ano malo.
COMENTARIOS
FRASES SOBRE EDUCACIÓN
*"Lo que de raíz se aprende nunca del todo se olvida." (Lucio Anneo Séneca ) *"Uno de los principales objetivos de la educación debe ser ampliar las ventanas por las cuales vemos al mundo." (Arnold Glasow)