martes, 31 de marzo de 2009

TEACHER PAULA


Os nen@s de Educación Infantil estamos aprendendo moitas cousas con "Ellie" e "Cookie" en Inglés.Coa teacher Paula escoitamos cancións moi divertidas, contos,e tamén facemos moitos xogos.

HAPPY EASTER!

sábado, 28 de marzo de 2009

SAIDA A CAIXANOVA

O 26 de Marzo os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixemos unha saída a Caixanova.
Gozamos co espectáculo de "Escenas Musicais" e escoitamos como cos distintos instrumentos pódense reproducir todos os sons da vida na cidade e no campo.
Foi curtiño e soubo a pouco.

viernes, 27 de marzo de 2009

DÍA DA POESÍA


O 21 de Marzo celebramos o "Día da Poesía".

Este ano pensamos que facer poesía é como pintar con letras,e imos "pintar poemas" de autores galegos e participar nun concurso de ilustración de poesías.

As poesías que ilustramos en infantil son:


  • "Lonxe,moi lonxe"-Antonio García Teixeiro.

  • "O arco da vella"-Manuel María.

  • "Dentro desta caixa"-Xosé María Alvarez Blázquez.

jueves, 26 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA

Semana da Prensa do 9 ó 13 de Marzo.
Fixemos páxinas de xornal,con noticias propias,anuncios extravagantes,lerias,enredos,pasatempos,receitas,o tempo,prensa dixital,...

martes, 24 de marzo de 2009

lunes, 23 de marzo de 2009

domingo, 22 de marzo de 2009

Proxecto:"Somos pintores"




Este curso o cole ten como tema a pintura,polo que en 3 anos estamos a traballar un proxecto sobre "Miró".


Con este proxecto pretendemos achegar aos nenos e nenas á vida e obra deste xenio que foi pintor,ceramista,debuxante,gravador e escultor.Inventa unha linguaxe de signos e enche os seus cadros de manchas,símbolos e cores de tons intensos que recorda á espontaneidade e á naturalidade dos nenos e nenas.


Facemos diversas actividades que permiten desenrolar a creatividade e a imaxinación......


Saida a Caixanova


O 26 de Marzo os nenos e nenas de 4 e 5 anos iremos a Caixanova a ver "Escenas Musicais".

¡Que ben o imos pasar!

Conto:"Moncho e a mancha"


Os nenos e nenas de 3 anos estamos traballando o conto de "Moncho e a mancha",gústanos moito e o seu protagonista adéntranos no mundo da pintura.

Como Moncho,debuxamos,experimentamos coas cores,mezclamos,estampamos,...

Taller de Barro


Educación Infantil participou nunha experiencia moi bonita e contamos coa visita dunha ceramista que nos axudou a traballar no barro.Fixemos páxaros,volvoretas e casiñas.


¡Que ben o pasamos!

sábado, 21 de marzo de 2009

BENVIDA


Este é o novo espazo de Educación Infantil no que queremos reflexar a dinámica de traballo nas nosas aulas. Escomenzamos a nosa andaina con moita ilusión e entusiasmo.


Benvid@s!!!!!