lunes, 29 de junio de 2009

PETROGLIFOS

Despois da visita a Chandebrito,plantexámonos facer ou reconstruir os petroglifos.
A temática dominante son os motivos xeometricos e abstractos a base de coviñas ou cazoletas,círculos concéntricos e liñas onduladas ou rectas,que relacionan os diversos elementos.
Despois de observar e analizar os de Chandebrito,puxémonos mans a obra,facendo dous traballos:


-Un sobre barro e grabado con punzóns(modelado do barro e formas debuxadas).
-Outro sobre papel,no que había que conseguir a textura das rochas.


Tras un longo debate,de que cor son as rochas,son todas iguais,son diferentes,duras,branda,lisas,...chegamos á conclusión de que as rochas non teñen a mesma cor,nin a mesma textura,algunhas eran menos rasposas que outras pero ningunha das rochas onde estaban os petroglifos eran lisas.

Buscamos pola aula como conseguir esa textura(na cortiza,no radiador,no chan,encima da mesa,..)e ó final atopamos unha parecida na parede.E puxémonos mans a obra,na galería de fotos podedes ver o proceso.

Neste proceso empregamos diferentes técnicas plásticas(pintura de dedos,plastilina,ceras,...)para realizar as nosas produccións e debuxos.

Toda esta actividade está enmarcada na proposta do Equipo de Normalización e dinamización linguística,nun mes adicado á cultura galega.

Con todos estes traballos logramos montar unha magnífica exposición na entrada do cole.


Foi unha actividade na que gozamos e aprendemos moitísimo do noso pasado e da nosa rica cultura tantas veces esquecida e obviada.


Presentación en fotos:









jueves, 18 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CHANDEBRITO

Educación Infantil fixo unha saída a Chandebrito.
A parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán, sitúase nun antigo solar a 300 metros de altura sobre o sur da ría de Vigo, asentada nun espazo natural perfectamente definido no que o monte do Castro e a chaira son os elementos de referencia.
Esta parroquia ten un proxecto de revalorización do patrimonio natural,etnográfico e cultural.
Conserva pegadas da vida do home dende a Prehistoria -hai máis de 100.000 anos- ata a actualidade.
A visita organizouse en torno:
CICLO DA AUGA:
Senda interpretativa sobre o Patrimonio Etnográfico. O aproveitamento da auga nun monte sen río. Iníciase no Encoro da Lapela, visitando os diferentes muíños de auga, situados na cara Oeste do monte. Asistimos a unha moenda no muiño de Regueiro.


ARTE E PREHISTORIA:
Esta senda interpretativa permítenos coñecer diferentes momentos do pasado da parroquia a través dos seus restos -castro, petroglifos- e admirar os seus gravados rupestres , de singular armonía e grande beleza.Poidemos percorrer o monte do castro,a súa muralla,observar as vistas dende o monte,o petroglifo do Rabete.Observamos a exposición nas vitrinas con reproduccións de obxecto e útiles dos antergos que hai nos paneis informativos,e contáronnos lendas sobre o imaxinario colectivo.

Temos no cole unha exposición itinerante sobre Chandebrito:" Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s".

Agradecer a colaboración das familias que nos acompañaron e á AVCD"O Castro"de Chandebrito e o seu presidente Victor e, a Susi técnica de cultura do Concello de Nigrán por facer de guías e darnos a coñecer este fermosa parroquia.


Presentación en fotos da saída:




sábado, 13 de junio de 2009

SAIDA Á GRANXA KIRIKO

O alumnado de cinco anos fixo unha saída á granxa Kiriko.
A Granxa Kiriko está ubicado nun espacio natural de grandes zonas de bosque autóctono,ó pe do encoro de Eiras,en Fornelos de Montes(Pontevedra).
Entre as intalacións exteriores ten zonas para realizar actividades en contacto ca natureza,unha horta,invernadeiro,zona de animais, establos,unha zona de xogos,...
O programa que se escolleu foi "Historia dun ovo". A traves das actividades foméntase o contacto ca natureza,a convivencia,o coidado e o respeto polos animais.

¡Que ben o pasamos!



domingo, 7 de junio de 2009

VISITA DE ANTONIO GARCíA TEIJEIRO

Como acto de clausura da Biblioteca por este curso tivemos unha visita moi especial,a do poeta Antonio García Teijeiro.Recitounos un poema e escribiu unha dedicatoria no "Libro de Poemas". Os nenos e nenas de catro anos recitáronlle "Vento ventiño".







viernes, 22 de mayo de 2009

OBRA DE TEATRO


O martes 19 de Maio asistimos no cole á representación da Obra de Teatro "A Rata Ratiña" interpretada polos alumnos/as de 2ºB.Participan no programa de Interteatro e actuaron noutros coles.Fixérono xenial e divertímonos moito.¡Que ben o pasamos!

lunes, 4 de mayo de 2009

O MAIO DO SEIS

A semana pasada fixemos o Maio,unha celebración na que participou todo o cole.Escomenzou o luns,as familias aportaron os materiais que necesitamos para facelo,trouxeron flores diversas,calas,xestas,cáscaras de ovos,cadeas de flores,....con todo elo e por clases fíxose o maio.O xoves pola mañá recitámoslle as coplas(as poesías que traballamos no día do libro) ao maio.Educación Infantil recitou "O arco da vella" e "Caracol,caracoleiro" de Manuel María.


Este é o "Maio do Seis":


Un pouco de historia sobre "As festas do ciclo de Maio":

Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
En Galicia hai varias manifestacións:

-Manifestacións agrarias:alumear o pan(Outes,Rois e Negreira),os ramos(xestas ou codesos nas terras despois de sementalas).

-Manifestacións pecuarias:enfeitar con flores o gando,as cortes ou apeiros de labranza.

-Manifestacións mariñeiras:ramos nos barcos ou maios en forma de barco.

-Manifestacións lúdicas:os arcos(nas prazas e camiños),a árbore de maio(árbore moi alta con pólas só no curuto no que se colgaba un boneco),os maios(maios humanos-persoas cubertas de ramiños e flores-,maios figurados-figuras cónicas ou piramidais cubertas con ramiños e flores,arredor dos cales se cantan coplas-a As Maias-pagás(nenas pedindo froitos e diñeiro) e cristiás(altares engalanados con flores diante da Virxe).

-Manifestacións amorosas:os primeiros días de maio eran moi axeitados para o amor e a galantería.Os mozos fanlle as beiras ás mozas e namóranas.

-Manifestacións cristiás ou cristianizadas:O Santoral(moitos santos fixéronse cargo da protección de cultivos,animais e sementes),Ramos,cruces e benzóns(a auga bendita,a poliña de oliveira..),As cruces de maio(O 3 de maio foi mudando para facer a exaltación de santa Cruz),Ramos procesionais(procesións portando ramiños e ofrecéndollos aos santos e a Virxe),escenificacións relixiosas(Só se conservan en Laza-Ourense-é unha representación de Adán e Eva mesturado con danzas e os mouros e os cristiáns).

¡Grazas ás familias pola constante colaboración e aportación de materiais para o maio do Seis,que nos protexerá ata o próximo !






viernes, 24 de abril de 2009

"LIBROS AO PATIO"

Para celebrar o Día do Libro,no colexio fixemos unha actividade colectiva,"Libros ao patio".Consistía en "invadir" a zona de nova construcción durante unha pequena sesión de lectura silenciosa.
Con elo pretendemos manifestar como grupo que:
- A lectura é algo divertido e importante na nosa escola.
- Que ler é unha actividade que se pode facer en calquer sitio.
Cada neno/nena trouxo da súa casa un libro.


Os marcapáxinas que fixemos quedaron así:


miércoles, 22 de abril de 2009

SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE

Imos mover o noso corpo e coñecelo un pouco millor, descubrindo todas as súas posibilidades. Trataremos de que mellore o seu equilibrio, a súa coordinación e o seguimento de diferentes ritmos. Divertirémonos, e sen darnos conta, aprenderemos e reforzaremos conceptos moi importantes para as aprendizaxes básicas nas que nos estamos a iniciar.
3 anos
Hoxe temos unha pequena sorpresa: “ ¡volvemos a xogar cos RETAIS DE TEAS ¡”
Primeiro xogan libremente, inventando os seus propios xogos e descubrindo ,ao mesmo tempo, cualidades das formas, lonxitudes, texturas,….de maneira intuitiva. Moitos nenos queren ser superhéroes e preguntolles onde teño que atarlles a capa, se por diante ou por detrás, tirar doutro compañeiro,…as nenas elixen xogos máis relaxados, como o de disfrazarse de princesa, facer unha casiña cas súas camas, saltar coma se fose unha corda, ….
Despois, escoitan un conto sobre un neno de tres anos que se chama Pablo. Todos participan e fan coma o neno: van a ducha e se secan ca “toalla” as distintas partes do corpo, despois cean e a cama a durmir. Teñen que deitarse coma Pablo, enriba do colchón, pero pola noite vai máis frío así que teñen que taparse mellor colocando unha “manta” por enriba deles. Seguen durmindo e cando sae o sol…..erguense lentamente. E pensan en dar unha sorpresa aos seus pais, deixando dobrada a manta, e así o fan. Todos dobran o seu cacho de tea xuntando as esquiniñas e gardámola no seu sitio.
4 anos
¡Que ben ¡ Chegamos o ximnasio e vemos un circuito con sinais de tráfico e todo…!
A profe explica cómo debemos entrar nesa cidade (saltando, pasando entre dous postes, rodeando a praza, virando á dereita, ….) e cómo respetar as sinais. O final, bailaremos en corro unha canción.
A inténtaloooooooo pois….!
5 anos
Hoxe xogaremos ao conto de “Carapuchiña vermella”. Os cativos son lobiños pequenos e a profe, Carapuchiña. Cando oian o silbido largo teñen que pasar polo camiño de aros largo e cando soe o curto, polo camiño curto. Cada vez, terán que facelo dunha forma diferente: sen tocalos porque son charcos de auga (cos pes separados, saltandose un, por enriba deles sen tocar o chan, cos pes xuntos dentro de cada aro,….).
Así, ata que oen o pandeiro, iso quere dicir que chega Carapuchiña a casa da súa avoa, polo que todos/as metense dentro da casiña e “disfrázanse” ca roupa da avoa. Así, seguen representando o conto ata o final.
Pasamolo moi ben, sobre todo cando Carapuchiña di: “avoiña, avoiña, …. pero ¡que boca máis grande tes!, e eles din….¡E para comerte millor!!!!!!

lunes, 20 de abril de 2009

POEMA:"O ARCO DA VELLA"

Para o concurso da biblioteca,nas aulas de tres anos traballamos o poema de Manuel María"O arco da vella".Escoitamos a versión musicada do poema na voz de Suso Vaamonde do libro
"Os soños na gaiola".






"O ARCO DA VELLA"
MANUEL MARÍA


O arco da vella
no ceio subido
co seu colorín
co seu colorido

O
arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceio,
beleza de frores

O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella

de luz feito é.
¡Resulta un miragre
que siga de pé!

domingo, 19 de abril de 2009

PREMIO:"COMPROMISO EDUCATIVO"

Moitas grazas a Bea e o seu blog:http://pequerrechosdebea.blogspot.com,por este premio ao "Compromiso educativo".Con el prémiase e recoñécese públicamente a aqueles blogs(de pais,profesionais e centros educativos),que día a día están demostrando o seu compromiso coa educación,dito premio foi creado polo blog loquelegustaamishijas.
Este premio quere recoñecer e dar valor a:
1.-O compromiso por unha educación de calidade.
2.-Aposta por unha inclusión das Tics na aula.
3.-O esforzo das familias,profesionais e centros educativos por incorporar as Tics ó proceso educativo.
4.-A loita por defender a través do ensino valores como:solidaridade,amor,cariño,respeto,esforzo,axuda,apoio,compartir e compromiso co futuro dos nosos fillos e alumnos.
5.-Recoñecer e valorar o esforzo das familias,pofesionais e centros educativos por integrar de forma efectiva nos coles e na sociedade ós nenos e alumnos especiais,procurándolles toneladas de amor e posibilitándolles tódolos recursos ao noso alcance.
As normas do premio son:
-Publicar entrada cos obxectivos do premio e enlace http://www.loquelegustaamishijas.com/
-Publicar na entrada lista de blogs ós que entregamos o premio.
-Comunicar a cada blog premiado a concesión do premio.
Os abaixo premiados podedes repatir este premio a aqueles blogs que consideredes que están traballando nesta línea:
-http://www.oteropedrayo.blogspot.com/
-http://aclasedeuxia.blogspot.com//
-http://coledelafantasia.blogspot.com/
-http://casadetolos.nireblog.com/
-http://sereassencadeas.blogspot.com/




AS MERENDAS NO SEIS

Tentando acadar unhas merendas máis saudables,temos un calendario no que os mércores é o "Día da froita",e o venres é o "Día do bocadillo".


Pouco a pouco os cativ@s van comendo a froita con máis gusto.

Tamén traballamos os hábitos de:lavar as mans antes de comer,sentarse axeitadamente,lavar a boca despois de comer,tirar á papeleira o que non serve,ir a modo,falar baixo,escoitarse...
Consideramos que a alimentación é a base necesaria para o desenvolvemento integral dos nen@s ,por elo decidimos facer un grupo de traballo do que formamos parte as mestras de educación infantil e educación especial co título de "A alimentación equilibrada no recreo a través das merendas".

sábado, 18 de abril de 2009

PREMIO

Hoxe recibimos un premio de Naiara e o seu blog: http://duendesjuguetones.blogspot.com/
que nos concedeu o Premio: "Entrega,constancia y corazón".Moitas grazas Naiara por este fermoso premio,fainos moita ilusión e anímanos a seguir traballando.
Las reglas del premio son:

-Exponer la imagen del premio en el blog.
-Poner el nombre del blog que lo concedio.
-Indicar al menos 5 blogs que merecen el premio.
-Comunicarlo mediante comentario a los blogs premiados.

Los 5 blogs a los que se lo concedemos son:

-http://pequerrechosdebea.blogspot.com
-http://tartarugasdepanxón.blogspot.com
-
http://patriysuclase.blogspot.com
-http://laclasedelasluciernagas.blogspot.com
-http://ratosdeescola.blogspot.com

viernes, 17 de abril de 2009

MARCAPÁXINAS

Para celebrar o "Día do Libro"decidimos facer marcapáxinas con pintura.
Foi unha actividade colectiva.Collemos varias cartulinas grandes de diversas cores e con diferentes técnicas plásticas(estampado,soplado con palliñas,huellas,debuxos, tiras de papeis de cores...) os cativ@s plasmaron a súa creatividade.Deixamos secar e logo cortamos marcapáxinas dun determinado tamaño.Pegámoslle por detrás un texto.Plastificamos e traballo rematado.

¡Esperamos que vos gusten!.
Aquí vos deixamos un exemplo do noso traballo cunha presentación en fotos.



jueves, 16 de abril de 2009

CONTO VIAXEIRO

Nas aulas de catro anos e co fin de interactuar entre nós,puxemos en marcha o proxecto do "Conto Viaxeiro".Cada semana unha familia,leva o maletín con todo o necesario para crear o conto.
Cada quen ,e deixando saír todo o seu potencial creativo, continúa a historia,e entre todos nós imos construindo esta maravillosa historia.


Vede como vai ,nesta presentación:




martes, 14 de abril de 2009

SAÍMOS NA PRENSA

Educación Infantil saiu na prensa no Xornal Escolar do Atlántico,o 17 de Decembro do 2008 "El Seis do Nadal analiza la Navidad en la pintura" e o 11 de Marzo do 2009 "Enseñanza moderna para los alumnos del Seis do Nadal".


lunes, 6 de abril de 2009

MALETAS VIAXEIRAS

"CANDO ESTEAS ABURRID@ E NON SAIBAS QUE FACER,COLLE UN LIBRO MEU AMIGO,TODO PODE SUCEDER..." (Migallas).


Como en cursos anteriores,a Biblioteca de Infantil puxo en funcionamento as "Maletas viaxeiras".Con elas pretendemos que as familias compartan cos seus fill@s un momento de lectura,gozando de todo aquilo que os libros lles poidan suxerir e tamén concienciarse da necesidade de coidar o material da biblioteca.

As maletas están formadas por: contos,puzzle,CDs,xogos,DVD,conto en inglés,libros de arte e unha libreta na que as familias escriben as súas opinións e suxerencias ó respecto.











"CUÉNTAME UN CUENTO Y VERÁS QUE CONTENT@ ME VOY A LA CAMA Y TENGO LINDOS SUEÑOS"(Celtas Cortos)



sábado, 4 de abril de 2009

"ERASE UNHA VEZ.........."

O xoves 2 de Abril,Educación Infantil asistiu á representación do conto "A casiña de chocolate",que os alumn@s de 4ºB escenificaron con títeres.
Fixeron un gran traballo, música,personaxes, diálogos e nós como espectador@s pasámolo moi ben.¡Noraboa!

viernes, 3 de abril de 2009

O OVO DE CHOCOLATE

Para iniciar estas vacacións,as aulas de 3 anos degustamos un doce e apetitoso "ovo de chocolate".
Pasámolo moi ben :tocamos,ulimos e comemos.
Con este sabor que nos queda na boca xa estamos pensando que o ano que ven podemos elaborar e degustar un roscón de Pascua.



"O CASAMENTO DA PULGA E O PIOLLO"

As nenas e nenos de 5 anos ilustraron "O casamento da pulga e o piollo"

martes, 31 de marzo de 2009

TEACHER PAULA


Os nen@s de Educación Infantil estamos aprendendo moitas cousas con "Ellie" e "Cookie" en Inglés.Coa teacher Paula escoitamos cancións moi divertidas, contos,e tamén facemos moitos xogos.

HAPPY EASTER!

sábado, 28 de marzo de 2009

SAIDA A CAIXANOVA

O 26 de Marzo os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixemos unha saída a Caixanova.
Gozamos co espectáculo de "Escenas Musicais" e escoitamos como cos distintos instrumentos pódense reproducir todos os sons da vida na cidade e no campo.
Foi curtiño e soubo a pouco.