viernes, 22 de mayo de 2009

OBRA DE TEATRO


O martes 19 de Maio asistimos no cole á representación da Obra de Teatro "A Rata Ratiña" interpretada polos alumnos/as de 2ºB.Participan no programa de Interteatro e actuaron noutros coles.Fixérono xenial e divertímonos moito.¡Que ben o pasamos!

lunes, 4 de mayo de 2009

O MAIO DO SEIS

A semana pasada fixemos o Maio,unha celebración na que participou todo o cole.Escomenzou o luns,as familias aportaron os materiais que necesitamos para facelo,trouxeron flores diversas,calas,xestas,cáscaras de ovos,cadeas de flores,....con todo elo e por clases fíxose o maio.O xoves pola mañá recitámoslle as coplas(as poesías que traballamos no día do libro) ao maio.Educación Infantil recitou "O arco da vella" e "Caracol,caracoleiro" de Manuel María.


Este é o "Maio do Seis":


Un pouco de historia sobre "As festas do ciclo de Maio":

Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
En Galicia hai varias manifestacións:

-Manifestacións agrarias:alumear o pan(Outes,Rois e Negreira),os ramos(xestas ou codesos nas terras despois de sementalas).

-Manifestacións pecuarias:enfeitar con flores o gando,as cortes ou apeiros de labranza.

-Manifestacións mariñeiras:ramos nos barcos ou maios en forma de barco.

-Manifestacións lúdicas:os arcos(nas prazas e camiños),a árbore de maio(árbore moi alta con pólas só no curuto no que se colgaba un boneco),os maios(maios humanos-persoas cubertas de ramiños e flores-,maios figurados-figuras cónicas ou piramidais cubertas con ramiños e flores,arredor dos cales se cantan coplas-a As Maias-pagás(nenas pedindo froitos e diñeiro) e cristiás(altares engalanados con flores diante da Virxe).

-Manifestacións amorosas:os primeiros días de maio eran moi axeitados para o amor e a galantería.Os mozos fanlle as beiras ás mozas e namóranas.

-Manifestacións cristiás ou cristianizadas:O Santoral(moitos santos fixéronse cargo da protección de cultivos,animais e sementes),Ramos,cruces e benzóns(a auga bendita,a poliña de oliveira..),As cruces de maio(O 3 de maio foi mudando para facer a exaltación de santa Cruz),Ramos procesionais(procesións portando ramiños e ofrecéndollos aos santos e a Virxe),escenificacións relixiosas(Só se conservan en Laza-Ourense-é unha representación de Adán e Eva mesturado con danzas e os mouros e os cristiáns).

¡Grazas ás familias pola constante colaboración e aportación de materiais para o maio do Seis,que nos protexerá ata o próximo !