lunes, 29 de junio de 2009

PETROGLIFOS

Despois da visita a Chandebrito,plantexámonos facer ou reconstruir os petroglifos.
A temática dominante son os motivos xeometricos e abstractos a base de coviñas ou cazoletas,círculos concéntricos e liñas onduladas ou rectas,que relacionan os diversos elementos.
Despois de observar e analizar os de Chandebrito,puxémonos mans a obra,facendo dous traballos:


-Un sobre barro e grabado con punzóns(modelado do barro e formas debuxadas).
-Outro sobre papel,no que había que conseguir a textura das rochas.


Tras un longo debate,de que cor son as rochas,son todas iguais,son diferentes,duras,branda,lisas,...chegamos á conclusión de que as rochas non teñen a mesma cor,nin a mesma textura,algunhas eran menos rasposas que outras pero ningunha das rochas onde estaban os petroglifos eran lisas.

Buscamos pola aula como conseguir esa textura(na cortiza,no radiador,no chan,encima da mesa,..)e ó final atopamos unha parecida na parede.E puxémonos mans a obra,na galería de fotos podedes ver o proceso.

Neste proceso empregamos diferentes técnicas plásticas(pintura de dedos,plastilina,ceras,...)para realizar as nosas produccións e debuxos.

Toda esta actividade está enmarcada na proposta do Equipo de Normalización e dinamización linguística,nun mes adicado á cultura galega.

Con todos estes traballos logramos montar unha magnífica exposición na entrada do cole.


Foi unha actividade na que gozamos e aprendemos moitísimo do noso pasado e da nosa rica cultura tantas veces esquecida e obviada.


Presentación en fotos:









jueves, 18 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CHANDEBRITO

Educación Infantil fixo unha saída a Chandebrito.
A parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán, sitúase nun antigo solar a 300 metros de altura sobre o sur da ría de Vigo, asentada nun espazo natural perfectamente definido no que o monte do Castro e a chaira son os elementos de referencia.
Esta parroquia ten un proxecto de revalorización do patrimonio natural,etnográfico e cultural.
Conserva pegadas da vida do home dende a Prehistoria -hai máis de 100.000 anos- ata a actualidade.
A visita organizouse en torno:
CICLO DA AUGA:
Senda interpretativa sobre o Patrimonio Etnográfico. O aproveitamento da auga nun monte sen río. Iníciase no Encoro da Lapela, visitando os diferentes muíños de auga, situados na cara Oeste do monte. Asistimos a unha moenda no muiño de Regueiro.


ARTE E PREHISTORIA:
Esta senda interpretativa permítenos coñecer diferentes momentos do pasado da parroquia a través dos seus restos -castro, petroglifos- e admirar os seus gravados rupestres , de singular armonía e grande beleza.Poidemos percorrer o monte do castro,a súa muralla,observar as vistas dende o monte,o petroglifo do Rabete.Observamos a exposición nas vitrinas con reproduccións de obxecto e útiles dos antergos que hai nos paneis informativos,e contáronnos lendas sobre o imaxinario colectivo.

Temos no cole unha exposición itinerante sobre Chandebrito:" Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s".

Agradecer a colaboración das familias que nos acompañaron e á AVCD"O Castro"de Chandebrito e o seu presidente Victor e, a Susi técnica de cultura do Concello de Nigrán por facer de guías e darnos a coñecer este fermosa parroquia.


Presentación en fotos da saída:




sábado, 13 de junio de 2009

SAIDA Á GRANXA KIRIKO

O alumnado de cinco anos fixo unha saída á granxa Kiriko.
A Granxa Kiriko está ubicado nun espacio natural de grandes zonas de bosque autóctono,ó pe do encoro de Eiras,en Fornelos de Montes(Pontevedra).
Entre as intalacións exteriores ten zonas para realizar actividades en contacto ca natureza,unha horta,invernadeiro,zona de animais, establos,unha zona de xogos,...
O programa que se escolleu foi "Historia dun ovo". A traves das actividades foméntase o contacto ca natureza,a convivencia,o coidado e o respeto polos animais.

¡Que ben o pasamos!



domingo, 7 de junio de 2009

VISITA DE ANTONIO GARCíA TEIJEIRO

Como acto de clausura da Biblioteca por este curso tivemos unha visita moi especial,a do poeta Antonio García Teijeiro.Recitounos un poema e escribiu unha dedicatoria no "Libro de Poemas". Os nenos e nenas de catro anos recitáronlle "Vento ventiño".