miércoles, 22 de abril de 2009

SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE

Imos mover o noso corpo e coñecelo un pouco millor, descubrindo todas as súas posibilidades. Trataremos de que mellore o seu equilibrio, a súa coordinación e o seguimento de diferentes ritmos. Divertirémonos, e sen darnos conta, aprenderemos e reforzaremos conceptos moi importantes para as aprendizaxes básicas nas que nos estamos a iniciar.
3 anos
Hoxe temos unha pequena sorpresa: “ ¡volvemos a xogar cos RETAIS DE TEAS ¡”
Primeiro xogan libremente, inventando os seus propios xogos e descubrindo ,ao mesmo tempo, cualidades das formas, lonxitudes, texturas,….de maneira intuitiva. Moitos nenos queren ser superhéroes e preguntolles onde teño que atarlles a capa, se por diante ou por detrás, tirar doutro compañeiro,…as nenas elixen xogos máis relaxados, como o de disfrazarse de princesa, facer unha casiña cas súas camas, saltar coma se fose unha corda, ….
Despois, escoitan un conto sobre un neno de tres anos que se chama Pablo. Todos participan e fan coma o neno: van a ducha e se secan ca “toalla” as distintas partes do corpo, despois cean e a cama a durmir. Teñen que deitarse coma Pablo, enriba do colchón, pero pola noite vai máis frío así que teñen que taparse mellor colocando unha “manta” por enriba deles. Seguen durmindo e cando sae o sol…..erguense lentamente. E pensan en dar unha sorpresa aos seus pais, deixando dobrada a manta, e así o fan. Todos dobran o seu cacho de tea xuntando as esquiniñas e gardámola no seu sitio.
4 anos
¡Que ben ¡ Chegamos o ximnasio e vemos un circuito con sinais de tráfico e todo…!
A profe explica cómo debemos entrar nesa cidade (saltando, pasando entre dous postes, rodeando a praza, virando á dereita, ….) e cómo respetar as sinais. O final, bailaremos en corro unha canción.
A inténtaloooooooo pois….!
5 anos
Hoxe xogaremos ao conto de “Carapuchiña vermella”. Os cativos son lobiños pequenos e a profe, Carapuchiña. Cando oian o silbido largo teñen que pasar polo camiño de aros largo e cando soe o curto, polo camiño curto. Cada vez, terán que facelo dunha forma diferente: sen tocalos porque son charcos de auga (cos pes separados, saltandose un, por enriba deles sen tocar o chan, cos pes xuntos dentro de cada aro,….).
Así, ata que oen o pandeiro, iso quere dicir que chega Carapuchiña a casa da súa avoa, polo que todos/as metense dentro da casiña e “disfrázanse” ca roupa da avoa. Así, seguen representando o conto ata o final.
Pasamolo moi ben, sobre todo cando Carapuchiña di: “avoiña, avoiña, …. pero ¡que boca máis grande tes!, e eles din….¡E para comerte millor!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario