domingo, 19 de abril de 2009

PREMIO:"COMPROMISO EDUCATIVO"

Moitas grazas a Bea e o seu blog:http://pequerrechosdebea.blogspot.com,por este premio ao "Compromiso educativo".Con el prémiase e recoñécese públicamente a aqueles blogs(de pais,profesionais e centros educativos),que día a día están demostrando o seu compromiso coa educación,dito premio foi creado polo blog loquelegustaamishijas.
Este premio quere recoñecer e dar valor a:
1.-O compromiso por unha educación de calidade.
2.-Aposta por unha inclusión das Tics na aula.
3.-O esforzo das familias,profesionais e centros educativos por incorporar as Tics ó proceso educativo.
4.-A loita por defender a través do ensino valores como:solidaridade,amor,cariño,respeto,esforzo,axuda,apoio,compartir e compromiso co futuro dos nosos fillos e alumnos.
5.-Recoñecer e valorar o esforzo das familias,pofesionais e centros educativos por integrar de forma efectiva nos coles e na sociedade ós nenos e alumnos especiais,procurándolles toneladas de amor e posibilitándolles tódolos recursos ao noso alcance.
As normas do premio son:
-Publicar entrada cos obxectivos do premio e enlace http://www.loquelegustaamishijas.com/
-Publicar na entrada lista de blogs ós que entregamos o premio.
-Comunicar a cada blog premiado a concesión do premio.
Os abaixo premiados podedes repatir este premio a aqueles blogs que consideredes que están traballando nesta línea:
-http://www.oteropedrayo.blogspot.com/
-http://aclasedeuxia.blogspot.com//
-http://coledelafantasia.blogspot.com/
-http://casadetolos.nireblog.com/
-http://sereassencadeas.blogspot.com/




7 comentarios:

  1. Muchisimas gracias por el premio!! Me ha gustado mucho las actividades que realizais. Los marcapáginas son muy originales.
    Enhorabuena por el blog y gracias de nuevo
    Montse

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas chicas!
    a ver se nos vemos pronto
    un biquiño

    ResponderEliminar
  3. hola Anduriñas!!!
    Muchísimas gracias por el premio!! perdonad que no respondiésemos antes, pero estos días tenemos excursiones y el tiempo no nos llega a nada.
    un besote

    ResponderEliminar
  4. Primeiro de todo recoñecer a labor de facer todo este "mundo" en menos dun mes.
    Aínda que non esta susceptible as críticas:
    - Xa esta ben de loubanzas entre o gremio en base ao traballo dos rapaces, cando son eles os protagonistas.
    - Xa esta ben de tanto perfume mediatico na rede, particularmente prefiro unha maior organización interna no centro que tanto saires nas fotos.
    - Xa esta ben de tanto autoeloxio, para quen esta destinado este blog? pais, nenos ou compañeiros/as sen atisbo de criticidade.
    - Xa esta ben de subirse as modas e o facer por facer, polas horas que respostan algunhas profesoras non quero pensar nunha desatención dos nosos fillos neste ou notros centros somentes pola tensión de seres alguén na rede ou aparecer nos buscadores.
    - Sobre o meu anonimato, e o mesmo ca da administradora/voceria deste blog.
    - ¿É un proxecto de centro ou inicitiva persoal, posto que a min non se me consultou, nin se me solicitou permiso?
    - Por último a publicación ou non deste comentario darame entender se é un centro/proxecto que acepta as críticas ou polo contrario sigue pensando na estética e no edulcoramento de "que ben o facemos".

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. Noraboa por este traballo tan brillante, onde se achega a traverso das novas Tecnoloxías a laboura diaria dos bos/as profesionais do ensino galego, sobre todo a nivel da educación infantil, onde máis esforzo e paciencia teñen que poñer estes/as mestres/as para sacar adiante os mellores potenciais dos nosos/as fillos/as.

    Así neste escaparate tecnolóxico, que chega a todos os recunchos da aldea global, ( o noso planeta Terra), podemos os pais/nais visualizar como se forman e aprenden os nosos nenos/as e incluso dende a casa, dia a dia, semana a semana e mes a mes, lembrar cos nosos fillos/as, o que van aprendendo nas aulas e participar directamente nas suas aprendizajes. É esta unha excelente ferramente para poder adicarlles aos nosos fillos/as e fillas/as esas horas ou excasos minutos que as veces esquecemos, e polas tardes ou despois da cea, repasar con eles/as algunhas cousas traballadas na escola, reforzando asi positivamente a AUTOESTIMA dos pequenos/as. Esa AUTOESTIMA tan necesaria para fortalecer o carácter creador e contructivista dos infantes para que o dia de mañá sean nenos/as de proveito, con VALORES, e capacidades creativas. Que sexan as novas xeracións preparadas para afrontar o noso futuro.

    Un FUTURO DE TODOS.

    ¡ ÁNIMO E A SEGUIR NESTA LIÑA DE TRABALLOS ¡ Seguide dandolle vida e movemento a este Blog.

    Miguel (Pai dun neno de cinco anos)

    ResponderEliminar
  6. Ante un comentario,o grupo de profesoras de Educación Infantil do CEIP "Seis do Nadal",composto por 8 mestras,vemonos na obriga de aclararte a ti anónimo(andurinhas)que todo o traballo que desenvolvemos na etapa de infantil está consensuado e falado entre nós,e todas participamops das iniciativas que xurden de eiqui.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Non facer caso da xente, que tras o anonimato,tratan desanimar e tirar abaixo un traballo que se fai nas horas libres, pensando unicamente na felicidade dos alumnos, ter informados os seus pais e nais das cousas que se realizan no cole e dar a coñecer a outros profesionais as diferentes actividades realizadas nas clases.
    A organización interna dos colexios é exclusiva dos equipos directivos polo que non entendo como nun "blog" unicamente educativo se pode criticar este aspecto.
    Autoeloxio?. Creo que hai xente que non coñece esa palabra. Non vin en todo o "blog" unha palabra de autoeloxio. O que si lin foron eloxios doutros "blogs" a este
    O "Blog" non é unha moda, é unha ferramenta cunha forza educativa impresionante, pero hai persoas que por eles estarían aínda a traballar cos pizarríns.
    "Desatención" aos alumnos e alumnas? repasando as horas dos "posteos" son todos polas tardes, algún ás doce da noite. Creo que os alumnos e alumnas dese colexio están moi ben atendidos.
    Eu non son moi listo, pero deseguida decateime qquenes son os veceiros deste "blog"
    Está tambien claro que é un proxecto de ciclo, seguramente recollido no "plan anual de centro". Quen será "andurinha" ao que hai que consultar as iniciativas? Un profesor de infantil?, o director? un membro do claustro? un membro do consello escolar? Estariamos bos se en cada colexio houbese unha "andurinha" ao que tuvieramos que consultar cada iniciativa.
    Vexo que publicais todos os comentarios
    Pois nada máis "piollosepulgas" a seguir traballando e que ningún envexoso faga que abandonedes o voso traballo, que motiva os nenos e nenas, informa os pais e nais e nos ensina os demais profesionais.
    Ubaldo. Orientador do CEIP "Otero Pedrayo"

    ResponderEliminar