jueves, 18 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CHANDEBRITO

Educación Infantil fixo unha saída a Chandebrito.
A parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán, sitúase nun antigo solar a 300 metros de altura sobre o sur da ría de Vigo, asentada nun espazo natural perfectamente definido no que o monte do Castro e a chaira son os elementos de referencia.
Esta parroquia ten un proxecto de revalorización do patrimonio natural,etnográfico e cultural.
Conserva pegadas da vida do home dende a Prehistoria -hai máis de 100.000 anos- ata a actualidade.
A visita organizouse en torno:
CICLO DA AUGA:
Senda interpretativa sobre o Patrimonio Etnográfico. O aproveitamento da auga nun monte sen río. Iníciase no Encoro da Lapela, visitando os diferentes muíños de auga, situados na cara Oeste do monte. Asistimos a unha moenda no muiño de Regueiro.


ARTE E PREHISTORIA:
Esta senda interpretativa permítenos coñecer diferentes momentos do pasado da parroquia a través dos seus restos -castro, petroglifos- e admirar os seus gravados rupestres , de singular armonía e grande beleza.Poidemos percorrer o monte do castro,a súa muralla,observar as vistas dende o monte,o petroglifo do Rabete.Observamos a exposición nas vitrinas con reproduccións de obxecto e útiles dos antergos que hai nos paneis informativos,e contáronnos lendas sobre o imaxinario colectivo.

Temos no cole unha exposición itinerante sobre Chandebrito:" Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s".

Agradecer a colaboración das familias que nos acompañaron e á AVCD"O Castro"de Chandebrito e o seu presidente Victor e, a Susi técnica de cultura do Concello de Nigrán por facer de guías e darnos a coñecer este fermosa parroquia.


Presentación en fotos da saída:




1 comentario:

  1. Hi, it's a very great blog.
    I could tell how much efforts you've taken on it.
    Keep doing!

    ResponderEliminar