lunes, 29 de junio de 2009

PETROGLIFOS

Despois da visita a Chandebrito,plantexámonos facer ou reconstruir os petroglifos.
A temática dominante son os motivos xeometricos e abstractos a base de coviñas ou cazoletas,círculos concéntricos e liñas onduladas ou rectas,que relacionan os diversos elementos.
Despois de observar e analizar os de Chandebrito,puxémonos mans a obra,facendo dous traballos:


-Un sobre barro e grabado con punzóns(modelado do barro e formas debuxadas).
-Outro sobre papel,no que había que conseguir a textura das rochas.


Tras un longo debate,de que cor son as rochas,son todas iguais,son diferentes,duras,branda,lisas,...chegamos á conclusión de que as rochas non teñen a mesma cor,nin a mesma textura,algunhas eran menos rasposas que outras pero ningunha das rochas onde estaban os petroglifos eran lisas.

Buscamos pola aula como conseguir esa textura(na cortiza,no radiador,no chan,encima da mesa,..)e ó final atopamos unha parecida na parede.E puxémonos mans a obra,na galería de fotos podedes ver o proceso.

Neste proceso empregamos diferentes técnicas plásticas(pintura de dedos,plastilina,ceras,...)para realizar as nosas produccións e debuxos.

Toda esta actividade está enmarcada na proposta do Equipo de Normalización e dinamización linguística,nun mes adicado á cultura galega.

Con todos estes traballos logramos montar unha magnífica exposición na entrada do cole.


Foi unha actividade na que gozamos e aprendemos moitísimo do noso pasado e da nosa rica cultura tantas veces esquecida e obviada.


Presentación en fotos:









No hay comentarios:

Publicar un comentario